domingo, 4 de junio de 2017

Tarde Solidaria 2017

A Tarde Solidaria foi ideada con agarimo, ilusión, esmero, esforzo....con moitas ganas de que todos os que compartiron ese pedaciño de tempo pasaran un rato mais que agradable.
Bailamos, cantamos, merendamos...
Admiramos as coreografias que na Escola de baile Boris Pico Dance Center se ensinan.
Rematamos o o Cadro que facemos de xeito conxunto Cabanas Rural e Afal Ferrolterra.
Disfrutamos da fusión musical Silbarda - Tuna, grazas a visita que o grupo de Airiños da Capela, Os Silbarda nos fixeron.
Dende Cabanas Rural Asociación de Mulleres so nos resta volver a agradecer a todos e cada un dos que fixeron posible que A Tarde Solidaria 2017 se celebrase con un grande éxito.
Grazas por vir, sorrir, traballar, axudar, colaborar, participar...Grazas!








No hay comentarios:

Publicar un comentario