domingo, 20 de noviembre de 2016

MERCADO DO NADAL 2016


 
Estamos a argallar o Mercado do Nadal do 2016.
 
Se estas interesado en participar ponte en contacto con nós no teléfono 659.620.948.
 
De luns a sábado a partires das 16:30 horas e ata as 20:30 horas.


martes, 8 de noviembre de 2016

As Fiandeiras viaxan a Sada



As Fiandeiras de Cabanas Rural viaxan a Sada para participar na II FEIRA DE OFICIOS ARTESANS, que se celebra en Sada durante a fin de semana do 11, 12 e 13 de Novembro.


lunes, 7 de noviembre de 2016

O mainzo da Esfolla




Recollendo o mainzo para a Roga da Esfolla, que celebraremos o vindeiro Sábado 19 de Novembro, en Lavandeira, no Pavillón.

jueves, 3 de noviembre de 2016

A Roga da Esfolla

O vindeiro Sábado 19 de Novembro celebramos a Roga da Esfolla por oitavo ano consecutivo. As rogas,eran xuntanzas de persoas para facer un traballo en conxunto, había rogas para a sega, para a malla, a matanza, para amañar os camiños, para ensilar, para esfollar o millo, para coller nas patacas…Os veciños axudabanse entre si e o pago dos traballos era con traballo. Cando remataban todos os do lugar, xuntabanse para o celebrar.
E iso imos facer, celebralo con zonchos, papas de millo, liscos, un chisco de viño e todo isto acompañado da música dos Silbarda grupo da Asciación de Airiños da Capela.
Teremos pan de millo amarelo, negro e branco cocido na casa... lembrades como se usaban as nateiras?? pois tamén faremos manteiga, ou intentaremolo coas nateiras das avóas.
Asi que se vos apetece lembrar aqueles sabores case esquecidos achegadevós ao pavillón de Lavandeira o vindeiro Sábado 19 de Novembro.
Esperamos que nos acompañedes tod@s!!!!

martes, 25 de octubre de 2016

domingo, 11 de septiembre de 2016

Lá Galega/ Lana Gallega

 
 
Na edición da Fia da lá 2015, da man de Asovega, comenzamos unha nova andaina na que Cabanas Rural se convirte en operador autorizado a utilizar o logo de raza autóctona 100% ovella galega. Na edición da Fia da lá 2016, presentamos a lá da ovella galega, certificandoa dende a granxa ata o novelo.
Que pasará na Fia da lá 2017 ...ideas xa foron saindo, seremos capaces?
 

En la edición de A Fia da Lá 2015, de la mano de Asovega, abrimos un camino nuevo, en el que Cabanas Rural se convierte en operador autorizado para el uso del logo de raza autóctona 100% oveja gallega.
En la edición de A Fia da Lá 2016, presentamos la lana de la oveja gallega certificandola desde la granja al ovillo.
Que pasará en A Fia da Lá 2017... ideas ya han ido saliendo, seremos capaces?

miércoles, 7 de septiembre de 2016

Programación A FIA DA LÁ 2016








Aquí deixamos a programación para A FIA DA LÁ 2016, cun horario estimado do que vai acontecer.

Aquí os dejamos la programación para A FIA DA LÁ 2016, con un horario aproximado de lo que va a ocurrir.












 






Na FIA DA LÁ 2106, poderemos ver lá galega certificada traballada polo operador autorizado para a utilización do logo 100 % galega, Cabanas Rural e as duas máquinas de fiar, realizadas por Do Acibreiro, marca rexistrada en España para a comercialización de produtos para o fiado artesanal.


Quenes serán os novos propietarios destas pezas únicas do fiado?


O vindeiro Sábado 10 de Setembro no pavillón de Lavandeira, en Cabanas.



En A FIA DA LÁ, podremos ver lana gallega certificada trabajada polo operador autorizado para la utilización del logo 100 % galega, Cabanas Rural y las dos máquinas de hilar, realizadas por Do Acibreiro, marca registrada en España para la comercialización de productos para el hilado artesanal.

Quienes serán los nuevos propietarios de estas 
 piezas únicas del hilado?




El próximo Sábado 10 de Septiembre en el Pabellón de Lavandeira, Cabanas, A Coruña.

domingo, 21 de agosto de 2016

sábado, 20 de agosto de 2016

Taller de Fiado Cabanas Rural


Taller de Fiado


Preparamos un Taller de Fiado para a fin de semana da Fia da Lá, coa colaboración da Deputación da Coruña, que subvenciona parte dos materiais de Cabanas Rural.

martes, 21 de junio de 2016

A FÍA DA LÁ 2016



A FÍA DA LÁ 2016

Anotad y Reservad en la agenda el Sábado 10 y Domingo 10 de Septiembre.

Tod@s los grupos, entidades, asociaciones, organismos, colectividad, etc que crea pueda ser de su interés, agrado o simplemente les apetezca asistir,  invitados están!. Por favor, hagannoslo saber con el fin de poder coordinar y organizar lo mejor posible.

Laner@s , hilander@s, fiandeir@s, filander@s , spinner, fileur.. .os esperamos en Lavandeira el Sábado 10 y Domingo 11 de Septiembre!!!!!!.

Para contactar con nosotras tfno: 659.620.948 o cabanasrural@gmail.com.

lunes, 6 de junio de 2016

Teatro 2016



 
Serán de Teatro ofrecido por Cabanas Rural gracias a colaboración Deputación da Coruña.
 
CABANAS RURAL, asociación de Mulleres organiza para o vindeiro Domingo 12 de Xuño, as 17:30 no pavillón de Lavandeira unha tarde de teatro.
 
Cabanas Rural Asociación de Mulleres ten a honra de lles presentar a obra de teatro :
 
-  “QUEN VAI A GUERRA?” , escrita e dirixida por Betty Couce.
-   Interpretada polos membros da  sociedade “A POMBIÑA” de Pedroso, Naron. 
 
"Mari Juana e Mari Pepa son duas veciñas que levan toda a vida pelexando.  A sua relación complicarase mais coa chegada dun sarxento do exercito de terra que ven para recrutar un soldado para afialialo as tropas e mandalo á guerra. A cousa non lle será fácil, pois en dita aldea as únicas persoas preparadas para a guerra con Mari Pepa e Mari Juana".

domingo, 5 de junio de 2016

Tarde Solidaria 2016



Un pequeno resumen fotográfico do que foi a tarde Solidaria 2016, con permiso de tódolos protagonistas, este ano realizamos unha fotografía das pezas fundamentais deste evento: Parte das Diretivas de Cabanas Rural e Afal Ferrolterra, Boris Pico Escola de Baile e Suso Vaamonde coa sua Orquestra de Instrumentos Populares Galegos.




As nosas grazas a todalas persoas que traballaron, grazas aos que decidiron acompañarnos, grazas as pequenas e grandes empresas que con nós colaboraron, grazas a tódolos que comprates unha rifa, grazas a todolos voluntarios que botaron unha man a Cabanas Rural, para que, un ano mais esta tarde fose un grande éxito.
GRAZASSSSSS!!!!!!

 



domingo, 22 de mayo de 2016

Tarde Solidaria 2016



Un ano mais, e van sete, Cabanas Rural Asociación de Mulleres, organiza unha nova tarde Solidaria para o SÁBADO 4 DE XUÑO.
Tratase dunha iniciativa coa que recadamos fondos para colaborar co traballo que ven realizando a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) na comarca de Ferrol dende o ano 1997 para millorar a calidade de vida dos enfermos e das familias.
Unha tarde creada con moito agarimo, esmero, traballo, ilusión ... na que contamos con moitos colaboradores, grandes e pequenas empresas, persoas anónimas, o concello e todos cada un dos que o vindeiro sábado 4 de Xuño nos ides acompañar un ano mais.
Tentaremos que sexa unha tarde divertida, entretida, amena e animada.

lunes, 16 de mayo de 2016

Viaxe das Fiandeiras a Portas


As fiandeiras de Cabanas Rural participarán na Festa da Dona.

" Portas se prepara para celebrar la "I festa da dona", que se llevará acabo los días 28 y 29 de mayo en el recinto de A Azucareira. Con este evento, el Concello pretende rendir homenaje a una de sus personas ilustres de la historia, concretamente a Concepción Pérez, primera alcaldesa gallega de la historia, nombrada en 1925, seis años antes de que fuese aprobada la ley por la cual se le reconocía que la mujer podía votar."

http://www.farodevigo.es/…/portas-homenajea-co…/1449746.html

miércoles, 11 de mayo de 2016

jueves, 5 de mayo de 2016

Viaxe das Fiandeiras a Lamuño, Cudillero


As Fiandeiras de Cabanas Rural participarán en el V ENCUENTRO DE TEJEDORAS, que se celebrará en Lamuño Cudillero durante a fin de semana 14 e 15 de Maio.

Un grupo de Fiandeiras viaxará o Sábado 14 de Maio.

miércoles, 4 de mayo de 2016

lunes, 14 de marzo de 2016

Viaxe a Portugal


O vindeiro sábado 9 de Abril imos de viaxe a Portugal, como vimos facendo dende hai uns anos, daremos un garbeo por Portugal.

Sairemos cediño pola mañán de Lavandeira , a comida preparada no Restaurante estará esperando por nós a iso das duas da tarde.

Despois de dar conta das viandas que nos ofrezcan, a tarde marchará tranquilamente .

A iso do solpor voltaremos cara a Lavandeira.

Onde apuntarse????, no tfno 659.620.948

Mes da Muller




As Fiandeiras de Cabanas Rural participarán no Mes da Muller.


A cita terá lugar no Centro Comercial Dolce Vita.

O vindeiro Martes 22 de Marzo as 19:00 da tarde.
 

lunes, 29 de febrero de 2016

Comida de Aniversario 2016

 

8º ANIVERSARIO CABANAS RURAL
 
Chegamos ó Cumpreanos de CABANAS RURAL, van oito anos,  facemolo cunha comida, na que tentaremos arrincar unhos poucos sorrisos.
As persoas que desexen apuntarse para a Comida do 8º ANIVERSARIO, poderano facer a través do tfno 659.620.948 en horário de 16,30 a 20:00 horas ou ben a través do correo electrónico cabanasrural@gmail.com.




sábado, 20 de febrero de 2016

Foliada e Cantos de Taberna


Larpeiradas 2016, Cabanas Rural

                                                            Larpeiradas 2016, Cabanas Rural.

                                                                           Casi casi todo preparado ... Faltedesnos todos vos!!!!!!


Mesas esperando polos postres, as bandas para a coronación do Míster Larpeiro e Miss Larpeira, quenes serán os afortunados? E os postres cales serán os galardonados? As Flappers estarán preparadas para porlle o broche final ao Entroido?

As respostas a todalas preguntas hoxe sábado 20 de Febrero de 16:00 horas a 20:00 no Pavillon de Lavandeira, Cabanas, A Coruña.








Larpeiradas 2016, Cabanas Rural.
Casi casi todo preparado ... Nos faltais vosotros!!!!!!
Mesas esperando por los postres, las bandas para la coronación de Míster Larpeiro y de Miss Larpeira, quienes serán los afortunados? Y los postres cuales serán los galardonados? Las Flappers, estarán preparadas para poner el  broche final al carnaval?
  Las respuestas a todas estas preguntas hoy sábado 20 de Febrero de 16:00 horas a 20:00 en el Pabellón de Lavandeira, Cabanas, A Coruña.