martes, 26 de mayo de 2015

"Da ovella ao calcetin" IES Sofia Casanova



Un grupo de fiandeiras  ensinaron e amosaron o xeito de traballar a lá. Uns minutos de charla cos rapaces, un video ilustrativo de todo o proceso creado por Cabanas Rural, fusos, lá, maquinas de fiar e fiandeiras correron polo Ies Sofia Casanova.

Comenzamos a nosa andaina presentándonos, da mán das mestras do Instituto, explicando polo miudo e dun xeito atractivo o proceso do fiado,  as ovellas é o seu sentido dentro do eido do rural.

As fiandeiras de Cabanas Rural, escarpizaron, cardaron, fiaron, bolillaron, bordaron, calcetaron e ganchillaron para e con os rapaces.  
                                                                                                                                                
 A parte teórica foi resumida nuns poucos minutos para deixar paso a actividade do proceso do fiado en directo, asi os rapaces:

-         Puideron escarpizar, cardar e fiar.
-         Puideron tocar lá recen lavada, lá escarpizada, lá cardada e lá fiada.
-         Puideron ver que, a mais de mercar tamén se pode facer.
-         Puideron ver como fiamos co fuso galego
-    Puideron ver como fian noutras partes do mundo, grazas a colección de fusos do mundo que temos do noso artesán DO Acibreiro.

Unha iniciativa que nos permite achegar aos mais novos un chisco de sabiduría dos avós, dos nosos antergos que se foi transmitindo xeración tras xeración e que case estaba esquecida.

O noso inmeso agradecemento por ternos invitado, por deixarnos transmitir aos rapaces a nosa cultura, a nosa idiosincrasia. Para nos un inmenso pracer.

sábado, 23 de mayo de 2015

Tarde Solidaria 2015

Un ano mais, e van 6, Cabanas Rural Asociación de Mulleres, organiza unha nova tarde Solidaria. 

Tratase dunha iniciativa coa que recadamos fondos para colaborar co traballo que ven  realizando a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) na comarca de Ferrol dende o ano 1997 para millorar a calidade de vida dos enfermos e das familias.

Serán os usuarios do centro de día de AFAL Ferrolterra os encargados de realizar un cadro  xunto coas persoas que participan no taller de manualidades.

E, para animar a tarde, tamen soará a música da tuna. 

Está prevista a actuación dos alumn@s da academia de baile Fusion Dance de Fene, que ofrecerán aos asistentes un espectáculo no que non faltarán nin o hip hop nin o baile deportivo e moderno.

Merendaremos, bailaremos, cantaremos ... disfrutaremos dunha tarde en moi boa compaña.

jueves, 21 de mayo de 2015

Teatro 2015

 
Serán de Teatro ofrecido por Cabanas Rural gracias a colaboración Deputación da Coruña.
CABANAS RURAL, asociación de Mulleres organiza para o vindeiro Domingo 31 de Maio, as 18:00 no pavillón de Lavandeira unha tarde de teatro.
Cabanas Rural Asociación de Mulleres ten a honra de lles presentar a obra de teatro :
-  “A PASTILLA MILAGROSA” , escrita e dirixida por Betty Couce.
-   Interpretada polos membros da  sociedade “A POMBIÑA” de Pedroso, Naron.
"No tema dos milagros hay opinions para todos os gustos, unhos din que existen e outros que non; e entre os que sosteñen que os milagros non existen está a ciencia médica, que defende que no campo da medicina todo ten a súa explicación científica. Pois si eles o din será verdade, pero ainda así o certo e que a eficacia de algún medicamento e verdadeiramente milagrosa"

jueves, 7 de mayo de 2015

A Estrada 2015

 
La Feria de Labores que se celebrará los días 9 y 10 en el recinto ferial de A Estrada ofertará cinco talleres monográficos: encaje, malla, frivolité, costura creativa e hilado tradicional. Los tres primeros estarán impartidos por personal de la firma local El taller de tus labores. El de costura creativa correrá a cargo de Aurora Rodil y el de hilado lo impartirá la asociación Cabanas Rural. Más información en la web www.feiradomoble.com o en el 986 573 406.

Más de 200 personas de una treintena de asociaciones han confirmado su participación en el tercer encuentro de palilleiras que se celebrará el domingo 10. Entre ellas se sortearán más de cien lotes promocionales con hilos, telas, agujas, tijeras o lanas.