domingo, 19 de abril de 2015

As fiandeiras de Cabanas Rural viaxan a Ourense


As fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres participan na XIX Edición de Artesanía Ourense.

"Creación como modo de vida", con este nome definese a XIX edición deste certame de artesanía que se celebrará na alameda do 26 de Abril ao 3 de Maio.

Modo de vida que nos permitirá disfrutar a través dos traballos presentados polos 33 expositores que este ano participan.
Paralelamente, xunto actividades, talleres ou sorteo de pezas artesanais, poderemos deleitarnos da exposición ENFIADAS.
Unha mostra que xira entorno a 4 artesans: Anna Champeney, Beatríz Iglesias, Concha Outeiriño e Lola de Logaro forman "Enfiadas" unha mostra textil onde plasman a sua "creación como forma de vida". 


• Catro mulleres coa sua obra textil.
• Catro usos dos fios e materias primas.
• Catro visions actualizadas de técnicas artesanais. 


O Domingo 26 de Abril, un grupo de fiandeiras de Cabanas Rural estarán con estas catro mulleres participando na sua exposición ENFIADAS. 


Do Acibreiro, participara toda a fin de semana neste certame de artesanía, as suas obras estarán formarán parte de ENFIADAS.


Unha delicia para os sentidos que non podedes deixar de visitar se vos atopades por Ourense do 25 de abril ao 3 de maio de 2015.

Horario ao público: 11:00h – 14:00h e de 17:00h – 21:00h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario