domingo, 22 de febrero de 2015

Larpeiradas 2015


CABANAS RURAL,  ven de celebrar  este Sábado 21 de Febreiro a septima edición deste goloso concurso, cunha grande afluencia de público e de postres.

GRACIAS POLA FANTÁSTICA ACOLLIDA DA EDICIÓN DESTE ANO, unha vez mais o frio foi vencido  póla calor das persoas que nos acompañaron.

Orellas, freixos, rosquillas, torradas, tartas de diferentes feituras: de laranxa, de nata, chiculate, frores, galletas, biscoitos, ... Un lote de doces onde o esmero, o cariño e esforzo de todos aqueles que os realizaron foi palpable,  espectacular, sobresainte... por isto pólo que dendê a CABANAS RURAL asociación de Mulleres non cansamos en dicir GRAZAS.


Duro traballo o que tiveron os membros do Xurado neste caso composto por os nosos representantes políticos no concello, guiados póla vicepresidenta de Cabanas Rural, probaron, miraron e debatiron intensamente cada mesa chea de sabrosos e impresionantes doces.

Dificil tarefa tiveron, Dificil, moi difícil... por iso, póla sua presenza, póla sua colaboración, póla sua disposición, por pasar unha moi boa tarde, entre nós e con nós,  porque non llelo puxemos nada fácil, GRAZAS membros do xurado, moitas grazas.





Dende a CABANAS RURAL so nos resta dar as grazas a todas aquelas persoas que estiveron con nós na tarde do SÁBADO 21 DE FEBREIRO , por traballar, por participar, por colaborar, por vir ... GRACIAS!!!!!
                                                                                  ¡¡¡ATE O 2016!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario