miércoles, 18 de febrero de 2015

Horario estimado Larpeiradas

Este é o horario que temos previsto para o Concurso Larpeiradas 2015. (A ver como nos vai)
A recepción de postres realizaremola dende as 16:00 da tarde ata as 17:00 horas.
A partires das 16:30 comenzará a piñata, contamos cun cesto no que Cabanas Rural puxo 579 cintas de cores, cada unha destas cintas contén un agasallo.
Unha vez demos por cerrada a recepción de postres os membros do xurado comezarán a súa labor, que calculamos sexa entre as 17:45- 18:45 terán que escoller de entre todolos pratos que se presenten os catro premios que establece a organización: Entroido, Presentación, Sabor e Orixinalidade.
Valorase a tradición é relación que o postre teña que ver co Entroido, pero non é condición indispensable para levar premio, excepto o premio que se define para tal efecto.
Dende Cabanas Rural, convidamos aos nosos gobernantes a tomar unha doce decisión, invitandoos a disfrutar dunha tarde de esparcimento, de entretenimento e diversión, asi que o xurado estará formado por 1 representante de cada unha das formacións politicas que se atopa gobernando no concello. A vicepresidenta de Cabanas Rural fará de cicerone dos membros do xurado,  nunha xornada creada con ánimo de convivencia, colaboración e moitas ganas de pasalo ben.
Despois que xurado teña rematado coa valoración dos pratos presentados a concurso, os que nos acompañen poderán degustar e comprobar a gran calidade dos postres que ano tras ano concursan no LARPEIRADAS de Cabanas Rural. 
A partir das 19:00 da tarde farase entrega dos premios aos responsables dos pratos agraciados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario