domingo, 29 de noviembre de 2015

MERCADO DO NADAL 2015


Se estas interesado en participar no Mercado do Nadal do 2015 ponte en contacto con nós no teléfono 659.620.948 a partires das 16:30 horas.



domingo, 1 de noviembre de 2015

A Roga de Esfolla 2015


O vindeiro Domingo 22 de Novembro celebramos a Roga da Esfolla por setimo ano consecutivo. As rogas,eran xuntanzas de persoas para facer un traballo en conxunto, había rogas para a sega, para a malla, a matanza, para amañar os camiños, para ensilar, para esfollar o millo, para coller nas patacas…Os veciños axudabanse entre si e o pago dos traballos era con traballo. Cando remataban todos os do lugar, xuntabanse para o celebrar.
E iso imos facer, celebralo con zonchos, papas de millo, liscos, un chisco de viño e todo isto acompañado da música dos Silbarda e das Cantareiras de Airiños da Capela.
Teremos pan de millo amarelo, negro e branco cocido na casa... lembrades como se usaban as nateiras?? pois tamén faremos manteiga, ou intentaremolo coas nateiras das avóas.
Asi que se vos apetece lembrar aqueles sabores case esquecidos achegadevós ao pavillón de Lavandeira o vindeiro 22 de Novembro.
Esperamos que nos acompañedes tod@s!!!!

lunes, 21 de septiembre de 2015

Master de baile e zumba


Presentamos o noso outubro máis marchoso. 

A nosa proposta son un par de tardes para disfrutar bailando, diferentes disciplinas serán as que acolla o pavillón de Lavandeira: clase de zumba, bailes latinos, baile de salón e baile moderno.


Non se necesita ser un profesional do baile, só sentir o ritmo das cancións e seguir aos mestres que nos indicarán como temos que ir movendo o corpo. 


As recomendacións: calzado e roupa cómoda aliñado cun lote de ganas de pasalo ben.


Diversión e deporte a través do baile,
Agardámoste !!!!

domingo, 13 de septiembre de 2015

A FIA DA LÁ 2015


Se acabó ... hemos cerrado la séptima edición de A FIA DA LÁ 2015, disfrutamos, aprendimos, compartimos, trabajamos, comimos!!!! Hemos entregado nuestra pieza única para hilar, esa obra de arte que teniamos reservada para este gran día y un montón de husos gallegos temáticos de A FIA DA LA 2015 .
Hemos plantado una nueva semilla, un nuevo proyecto que comenzarán las hilanderas de Cabanas Rural en el año 2016.

Fin de semana intenso, sábado de reunión de hilander@s, comida de tipica de "feira", hablamos de oveja gallega, aprendimos de oveja gallega.
Domingo proyecto red de lana con Inés Heredia e hilado artistico con Lola de Logaro. Interesante no, más mucho más!!!!!
Gracias a todos los que habeis decidido compartir un ratito de vuestro tiempo con nosotros, Gracias a los que habeis viajado, Gracias a los expositores, por vuestro buen hacer y gran trabajo, Gracias nuestros músicos y bailarines de Cabanas, Gracias a nuestr@s compis hilander@s de media España, Gracias a las Asociaciones que nos habeis acompañado, Gracias al Ayto de Cabanas, Ayto de Santiago de Compostela, Diputación de La Coruña, Artesanía de Galicia, Xunta de Galicia ... GRACIAS A TOD@S !!!!!
Esperamos poder volver a contar con todos vosotros para el 2016!!!!


martes, 1 de septiembre de 2015

Programa A FIA DA LÁ 2015



Aquí deixamos o programa que temos previsto para a FIA DA LÁ 2015, ademais de ver a Exposición de Cabanas Rural Creativa, podes: comer con nos avisando previamente no tfno 659.620.948., visitarnos, participar nas charlas, comprar produtos de diferentes fibras: oveja, alpaca..., participar no sorteo de unha PEZA ÚNICA!!!!

Todo adobado coa ledicia das fiandeiras, que chegadas de diferentes puntos da xeografía de España, son capaces de transmitir cando estan a realizar esta labor milenaria.

Idelo perder?

sábado, 29 de agosto de 2015

CABANAS RURAL CREATIVA

Coincidindo coa Fia da Lá 2105, realizaremos a exposición dos talleres que se fan ao longo do ano na antiga Escola de Lavandeira, Cabanas.

miércoles, 19 de agosto de 2015

A FIA DA LA 2015

Preparándonos para "A FIA DA LÁ" 2015.

Al igual que en la edición 2014, la idea de este año para esta actividad es reunir al mayor número de hilander@s con la intención de poder intercambiar distintas técnicas, conocimientos y experiencias en la actividad relacionada con el hilado tradicional en España. 

Este año nos gustaría crecer un poco más, haciendo posible que este evento pueda llegar a ser el escaparate de la lana, lino y demas fibras del hilado artesanal y todo lo que tenga relación con el inicio, desarrollo y  finalización de esta actividad en España.

Este año sortearemos una pieza única, diseñada y creada para A FIA DA LÁ 2015, se trata de una máquina de hilar realizada por DO ACIBREIRO, única marca registrada en España que elabora útiles para desarrollar el proceso artesanal del hilado.

Asi que si sabeis darle al huso, a la rueca, a las cardas.... o si  os apetece aprender un poco; sin duda teneis una cita el fin de semana del SÁBADO 12 Y DOMINGO 13 DE SEPTIEMBRE.

Si ya sabes hilar y te apetece participar, avísanos!!!

A vuestra disposición en el correo cabanasrural@gmail.com y en el  tfno 659.620.948.

jueves, 13 de agosto de 2015

ETNOeume 2015



As Fiandeiras de Cabanas Rural participarán por cuarto ano consecutivo.
 
ETNOEume é - baixo o formato dunha feira tradicional- unha actividade dinamizadora da cultura popular que procura amosala, proxectala e poñela en valor nunha XORNADA de participación activa da xente que se achegue este 23 de agosto ata o lugar do Paza onde se ubica a sede central do MUSEO ETNOGRÁFICO da CAPELA

sábado, 8 de agosto de 2015

Presentación A FIA DA LÁ 2015

 Unha mañan trepidante a de onte Venres 7 de Agosto na Praza do Obradoiro, choveu, sufrimos, quentou o sol...ao final unha mañan na que creemos que todolos participantes na Presentación da FIA DA LÁ 2015, se sentiron agusto.
O noso agradecemento:
- ao Concello de Santiago de Compostela, por esa primeira chamada de teléfono onde comenza a presentación da FIA DA LÁ 2015, pola boa acollida, por facelo fácil e sinxelo.
- á Xunta de Galicia pola resposta, polo apoio, pola axuda e colaboración.
- á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, polo bo traballo que estan a realizar, por estar ao noso lado, por camiñar con nós, polo soporte, "sen vós a presentación da FIA DA LÁ 2015, non sería o mesmo".
- ao Concello de Cabanas por acompañarnos.
- á aqueles que non puideron estar con nós, pero que de algún xeito nos fixeron chegar palabras de ánimo.
- á Do Acibreiro, por sorprendernos unha vez máis co seu traballo, por aturarnos tantos anos (ás veces non é nada fácil), por romper a cabeza con nós.
- ás Fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres, por un camiño de sete anos, de aprender día a día, de traballar, de rir, de sufrir, de disfrutar, de ensinar...ainda nos queda camiño por andar.


 

lunes, 3 de agosto de 2015

Presentación A FIA DA LÁ 2015


 As Fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres​ e Do Acibreiro​ viaxarán este Venres 7 de Agosto a Santiago de Compostela coa fin de presentar A FIA DA LÁ 2015.

A cita será as 12:00 da mañán, dende a Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela, con unha duración estimada dunha hora.

Unha peza feita por Do Acibreiro, encargada por Cabanas Rural  é a responsable desta ubicación para a presentación da FIA DA LÁ 2015.

Hai uns meses, cando comenzamos a traballar na FIA DA LÁ 2015, pedimoslle a DO ACIBREIRO que nos fixese unha máquina de fiar temática para sortear o día 12 de Setembro en Lavandeira, Cabanas.

  

A temática na que se inspirou o noso artesán foi no camiño de Santiago, unha peza baseada no camiño de Santiago, una peza que merece ser destapada dende a Praza do Obradoiro, a fin do camiño.

A presentación de A FIA DA LÁ 2015, realizaremola este ano dende a praza do Obradoiro, onde un grupo de fiandeiras de Cabanas Rural, todas ataviadas co traxe de faena e cargadas dos utensilios para o fiado da lá, farán unha demostración en direto.

lunes, 29 de junio de 2015

Visitas Guiadas con Fiandeiras Cabanas Rural en Lavandeira





As fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres, realizan a 1ª visita guiada en Lavandeira do proceso da lá. 


 









O pasado Domingo 28 de Xuño recibimos a un grupo procedente da zona de Sada, Culleredo, Cambre … inauguramos asi unha nova actividade das Fiandeiras de Cabanas Rural e do Acibreiro: visitas guiadas para grupos previa cita, en Lavandeira, Cabanas, A Coruña.


  




Os grupos que desexen visitarnos poderán falar con nós para concretar hora e día a través do tfno de Cabanas Rural 659.620.948 ou ben mediante o correo electrónico: cabanasrural@gmail.com.


miércoles, 24 de junio de 2015

As fianderias viaxan a Arcos da Condesa (Caldas de Reis)

PROGRAMACIÓN
 12:00 h Inauguración da xornada con música popular e foguetería. Apertura da exposición e Alborada a cargo do Grupo de gaitas e percusión da EIPG pola contorna do campo. Concurso de empanadas (recepción das mesmas, de 12:00 a 14:00 H).

Expositores da Feira:
César Loureiro (Zanfonas)
Cristóbal Prieto (Gaitas e frautas)
David Miguélez (arpas celtas)
Toxo (Baixos e guitarras)
Xermán Muíños & Berta do Montinho (Pandeiros "pico tum")
Asociación Cabanas Rural (Fiados e procesados de lá)
Luis do Acibeiro (Maquinaria para lá)
Volta de Fío (Confección de vestiario tradicional)
Asociación do Traxe Galego (Vestiario e bordado ao aire)
Cervexas Artesás Meiga, Pulpeira e rosquilleiras.

13:00 h Misa solemne (na honra de San Bieito).

14:30 h Xantar popular baixo carpa na honra dos maiores. Menú: mexilóns ao vapor, empanada, churrasco, larpeira, auga, viño, café e chupitos. Prezo: 18€ (gratis para os maiores da parroquia). Reservas no 648.114.546.

16:00 h Entrega de premios do concurso de empanadas. Concurso de baile “agharrao senior”.

17:00 h Actuación do grupo folclórico HAI QUE ROELO.


17:30 h Actuación do BALLET FOLCLÓRICO GALEGO.

18:00 h Actuación da ESCOLA DE INSTRUMENTOS POPULARES GALEGOS “SUSO VAAMONDE”.

19:30 h Actuación do grupo CANTATA VERNÁCULA.

21:00 h Actuación do grupo ALVARIZA.

Información Adicional: Haberá "Leira Parking" gratuíto, Aseos, unha dotación de Cruz Vermella e otra de Protección Civil. Prezos do Bar: Tercios de cervexa a 2€ e Cubalibres a 4€. Dimensións mínimas da empanada para o concurso: 30x20 cm (o premio para a mellor empanada é un vale de compra por valor de 70€ cortesía da Asociación de Comerciantes de Caldas de Reis).

jueves, 11 de junio de 2015

Viaxe das Fiandeiras a Bembibre, León

Un grupo de Fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres​ acompañadas do artesán Do Acibreiro, viaxarán o vindeiro Domingo 14 a Bembibre.

"Palilleiras, bordadoras y retaceras confluirán para el deleite de todos l os asistentes que deseen visitar el Bembibre Arena. También habrá una demostración del proceso de la lana, desde su trasquilado hasta la transformación en hilo para ser tejido. CREALABOR
Se dispondrán de estans para la venta de artículos relacionados. Habrá una exposición de trajes regionales,mantones y mantillas y que a las 18h de la tarde se pondrá en movimiento con un pequeño desfile.
Se prevé la asistencia de más de 1500 visitantes. Y se espera que todos los restaurantes de la villa estén llenos.Un gran evento que ya promete su consolidación.
- See more at: http://www.bembibreabierto.com/index.php/id/1/objeto/59/claves/II-ENCUENTRO-CREALABOR#sthash.ZFXyjFQb.dpuf"

domingo, 7 de junio de 2015

Tarde Solidaria 2015

A TARDE SOLIDARIA foi ideada con moito agarimo, ilusión, esmero, esforzo e moitas ganas de que os que compartiron esta tarde con nós pasaran un rato mais que agradable.
A tod@s os que decidistedes acompañarnos nesta xornada, GRACIAS.
Afal Ferrolterra, grazas a por abrirnos as portas da vosa casa, por acollernos e medrar con nós, GRACIAS.
Fusion Dance grazas por estar sempre dispostos, por contar con esos grandes bailarines que estades a crear, GRACIAS.
O noso agradecemento vai agora para todos os bailarins, grandes e pequenos, asi coma aos pais e nais, ou aquelas persoas que fixeron posible que hoxe estiveran en bailando en Lavandeira con nós, GRACIAS.
Ximnasio Xiros, de As Pontes, pola sua fermosa, entretida e agarimosa colaboración. GRACIAS.
Non debemos esquecer aos cuarentunos... seguimos con capa, ainda que pasen os anos, GRACIAS.
Gustarianos nombrar un por un a tod@s os que nos axudaron a cubrir as diferentes necesidades para a celebración desta tarde solidaria, non o faremos porque sodes moit@s, e non queremos esquecer a ninguén, colaboran con nós grandes e pequenas empresas, persoas, entidades,… , GRACIAS.
Dende Cabanas Rural Asociación de Mulleres so nos resta volver a agradecer a todos e cada un dos que fixeron posible que A TARDE SOLIDARIA sexa unha realidade, gracias por vir, sorrir, traballar, axudar, colaborar, participar..... 

lunes, 1 de junio de 2015

"Da Ovella ao Calcetin" Ceip Eladia Mariño


 "Da ovella ao calcetín" Ceip Eladia Mariño



 Un grupo de fiandeiras ensinaron e amosaron o xeito de traballar a lá. Fusos, lá, maquinas de fiar e fiandeiras correron polo Ies Ceip Eladia Mariño de Cabanas.








Unha iniciativa que nos permite achegar aos mais novos un chisco de sabiduría dos avós, dos nosos antergos que se foi transmitindo xeración tras xeración e que case estaba esquecida.











O noso inmenso agradecemento por ternos invitado, por deixarnos transmitir aos rapaces a nosa cultura, a nosa idiosincrasia. Para nos un gran pracer, coma sempre.


martes, 26 de mayo de 2015

"Da ovella ao calcetin" IES Sofia Casanova



Un grupo de fiandeiras  ensinaron e amosaron o xeito de traballar a lá. Uns minutos de charla cos rapaces, un video ilustrativo de todo o proceso creado por Cabanas Rural, fusos, lá, maquinas de fiar e fiandeiras correron polo Ies Sofia Casanova.

Comenzamos a nosa andaina presentándonos, da mán das mestras do Instituto, explicando polo miudo e dun xeito atractivo o proceso do fiado,  as ovellas é o seu sentido dentro do eido do rural.

As fiandeiras de Cabanas Rural, escarpizaron, cardaron, fiaron, bolillaron, bordaron, calcetaron e ganchillaron para e con os rapaces.  
                                                                                                                                                
 A parte teórica foi resumida nuns poucos minutos para deixar paso a actividade do proceso do fiado en directo, asi os rapaces:

-         Puideron escarpizar, cardar e fiar.
-         Puideron tocar lá recen lavada, lá escarpizada, lá cardada e lá fiada.
-         Puideron ver que, a mais de mercar tamén se pode facer.
-         Puideron ver como fiamos co fuso galego
-    Puideron ver como fian noutras partes do mundo, grazas a colección de fusos do mundo que temos do noso artesán DO Acibreiro.

Unha iniciativa que nos permite achegar aos mais novos un chisco de sabiduría dos avós, dos nosos antergos que se foi transmitindo xeración tras xeración e que case estaba esquecida.

O noso inmeso agradecemento por ternos invitado, por deixarnos transmitir aos rapaces a nosa cultura, a nosa idiosincrasia. Para nos un inmenso pracer.

sábado, 23 de mayo de 2015

Tarde Solidaria 2015

Un ano mais, e van 6, Cabanas Rural Asociación de Mulleres, organiza unha nova tarde Solidaria. 

Tratase dunha iniciativa coa que recadamos fondos para colaborar co traballo que ven  realizando a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) na comarca de Ferrol dende o ano 1997 para millorar a calidade de vida dos enfermos e das familias.

Serán os usuarios do centro de día de AFAL Ferrolterra os encargados de realizar un cadro  xunto coas persoas que participan no taller de manualidades.

E, para animar a tarde, tamen soará a música da tuna. 

Está prevista a actuación dos alumn@s da academia de baile Fusion Dance de Fene, que ofrecerán aos asistentes un espectáculo no que non faltarán nin o hip hop nin o baile deportivo e moderno.

Merendaremos, bailaremos, cantaremos ... disfrutaremos dunha tarde en moi boa compaña.

jueves, 21 de mayo de 2015

Teatro 2015

 
Serán de Teatro ofrecido por Cabanas Rural gracias a colaboración Deputación da Coruña.
CABANAS RURAL, asociación de Mulleres organiza para o vindeiro Domingo 31 de Maio, as 18:00 no pavillón de Lavandeira unha tarde de teatro.
Cabanas Rural Asociación de Mulleres ten a honra de lles presentar a obra de teatro :
-  “A PASTILLA MILAGROSA” , escrita e dirixida por Betty Couce.
-   Interpretada polos membros da  sociedade “A POMBIÑA” de Pedroso, Naron.
"No tema dos milagros hay opinions para todos os gustos, unhos din que existen e outros que non; e entre os que sosteñen que os milagros non existen está a ciencia médica, que defende que no campo da medicina todo ten a súa explicación científica. Pois si eles o din será verdade, pero ainda así o certo e que a eficacia de algún medicamento e verdadeiramente milagrosa"

jueves, 7 de mayo de 2015

A Estrada 2015

 
La Feria de Labores que se celebrará los días 9 y 10 en el recinto ferial de A Estrada ofertará cinco talleres monográficos: encaje, malla, frivolité, costura creativa e hilado tradicional. Los tres primeros estarán impartidos por personal de la firma local El taller de tus labores. El de costura creativa correrá a cargo de Aurora Rodil y el de hilado lo impartirá la asociación Cabanas Rural. Más información en la web www.feiradomoble.com o en el 986 573 406.

Más de 200 personas de una treintena de asociaciones han confirmado su participación en el tercer encuentro de palilleiras que se celebrará el domingo 10. Entre ellas se sortearán más de cien lotes promocionales con hilos, telas, agujas, tijeras o lanas.

lunes, 27 de abril de 2015

Ourense 2015


Do noso paso por Ourense.

Unha xornada fantástica, rodeadas de Artesanía pura, nunha cidade fermosa e tranquila.

O noso agradecemento a Asociación de Artesáns de Ourense por ternos invitados, a nosa mención especial para as nosas amigas Lola de Logaro e Alpacas Bolboretas.

Enfiadas : Unha mostra que xira entorno a 4 artesans: Anna Champeney, Beatríz Iglesias, Concha Outeiriño e Lola de Logaro, unha mostra textil onde plasman a sua "creación como forma de vida".
• Catro mulleres coa sua obra textil.
• Catro usos dos fios e materias primas.
• Catro visions actualizadas de técnicas artesanais.
Enfiadas, un gran traballo entre fíos,  un grande esforzo, catro mulleres


domingo, 19 de abril de 2015

As fiandeiras de Cabanas Rural viaxan a Ourense


As fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres participan na XIX Edición de Artesanía Ourense.

"Creación como modo de vida", con este nome definese a XIX edición deste certame de artesanía que se celebrará na alameda do 26 de Abril ao 3 de Maio.

Modo de vida que nos permitirá disfrutar a través dos traballos presentados polos 33 expositores que este ano participan.
Paralelamente, xunto actividades, talleres ou sorteo de pezas artesanais, poderemos deleitarnos da exposición ENFIADAS.
Unha mostra que xira entorno a 4 artesans: Anna Champeney, Beatríz Iglesias, Concha Outeiriño e Lola de Logaro forman "Enfiadas" unha mostra textil onde plasman a sua "creación como forma de vida". 


• Catro mulleres coa sua obra textil.
• Catro usos dos fios e materias primas.
• Catro visions actualizadas de técnicas artesanais. 


O Domingo 26 de Abril, un grupo de fiandeiras de Cabanas Rural estarán con estas catro mulleres participando na sua exposición ENFIADAS. 


Do Acibreiro, participara toda a fin de semana neste certame de artesanía, as suas obras estarán formarán parte de ENFIADAS.


Unha delicia para os sentidos que non podedes deixar de visitar se vos atopades por Ourense do 25 de abril ao 3 de maio de 2015.

Horario ao público: 11:00h – 14:00h e de 17:00h – 21:00h.

martes, 24 de marzo de 2015

Viaxe a Portugal 2015


O vindeiro sábado 11 de Abril imos de viaxe a Portugal, como vimos facendo dende hai uns anos, daremos un garbeo por Portugal.

Sairemos cediño pola mañán de Lavandeira e aterrizaremos na feira de Vilanova, onde pasaremos a gran parte da mañán, a comida preparada no Restaurante estará esperando por nós a iso das duas da tarde.

Despois de dar conta das viandas que nos ofrezcan, a tarde marchará tranquilamente pola Fortaleza.

A iso do solpor voltaremos cara a Lavandeira.

domingo, 22 de marzo de 2015

Comida de Aniversario 2015

"Rafaella ma io non sono, ma mi aspetto molto, ehhhh"

Celebramos o 7º Aniversario de Cabanas Rural Asociación de Mulleres nun dos Restaurantes da nosa zona, a comida a que toca nas festas: Callos, carne asada e bola, "de toda la vida".
Aos que nos acompañaron un ano mais, grazas por estar con nos, por disfrutar das actividades que organizamos con moito esforzo, ledicia e agarimo para vós.
Este ano tivemos unha convidada moi especial, Rafaella Carra, que nos adicou unhas palabras... despois un grupo de bailarinas moveronse ao ritmo das suas coreografias, teño que dicir, que esta que escribe habitualmente por estes lares, sintese moi pero, que moi orgullosa, das "miñas sras", ASI SE FAI, si señor.
Disfrutamos todos, rimos a esgallo, bailamos, cantamos...
A diversión esta garantizada ca equipa directiva  de Cabanas Rural, un grupo de traballo excepcional.
Asi que so nos resta dicir: "para el año más y mejor".

GRAZAS A TODOSSSSS!!!!!!

domingo, 8 de marzo de 2015

Comida de Aniversario 2015



7º ANIVERSARIO CABANAS RURAL

 
Chegamos ó Cumpreanos de CABANAS RURAL, van sete anos,  facemolo cunha comida, na que tentaremos arrincar unhos poucos sorrisos.


As persoas que desexen apuntarse para a Comida do 7º ANIVERSARIO, poderano facer a través do tfno 659.620.948 en horário de 11,30 a 14,00 e de 16,30 a 20:00 horas ou ben a través do correo electrónico cabanasrural@gmail.com.


domingo, 22 de febrero de 2015

Larpeiradas 2015


CABANAS RURAL,  ven de celebrar  este Sábado 21 de Febreiro a septima edición deste goloso concurso, cunha grande afluencia de público e de postres.

GRACIAS POLA FANTÁSTICA ACOLLIDA DA EDICIÓN DESTE ANO, unha vez mais o frio foi vencido  póla calor das persoas que nos acompañaron.

Orellas, freixos, rosquillas, torradas, tartas de diferentes feituras: de laranxa, de nata, chiculate, frores, galletas, biscoitos, ... Un lote de doces onde o esmero, o cariño e esforzo de todos aqueles que os realizaron foi palpable,  espectacular, sobresainte... por isto pólo que dendê a CABANAS RURAL asociación de Mulleres non cansamos en dicir GRAZAS.


Duro traballo o que tiveron os membros do Xurado neste caso composto por os nosos representantes políticos no concello, guiados póla vicepresidenta de Cabanas Rural, probaron, miraron e debatiron intensamente cada mesa chea de sabrosos e impresionantes doces.

Dificil tarefa tiveron, Dificil, moi difícil... por iso, póla sua presenza, póla sua colaboración, póla sua disposición, por pasar unha moi boa tarde, entre nós e con nós,  porque non llelo puxemos nada fácil, GRAZAS membros do xurado, moitas grazas.





Dende a CABANAS RURAL so nos resta dar as grazas a todas aquelas persoas que estiveron con nós na tarde do SÁBADO 21 DE FEBREIRO , por traballar, por participar, por colaborar, por vir ... GRACIAS!!!!!
                                                                                  ¡¡¡ATE O 2016!!




miércoles, 18 de febrero de 2015

Horario estimado Larpeiradas

Este é o horario que temos previsto para o Concurso Larpeiradas 2015. (A ver como nos vai)
A recepción de postres realizaremola dende as 16:00 da tarde ata as 17:00 horas.
A partires das 16:30 comenzará a piñata, contamos cun cesto no que Cabanas Rural puxo 579 cintas de cores, cada unha destas cintas contén un agasallo.
Unha vez demos por cerrada a recepción de postres os membros do xurado comezarán a súa labor, que calculamos sexa entre as 17:45- 18:45 terán que escoller de entre todolos pratos que se presenten os catro premios que establece a organización: Entroido, Presentación, Sabor e Orixinalidade.
Valorase a tradición é relación que o postre teña que ver co Entroido, pero non é condición indispensable para levar premio, excepto o premio que se define para tal efecto.
Dende Cabanas Rural, convidamos aos nosos gobernantes a tomar unha doce decisión, invitandoos a disfrutar dunha tarde de esparcimento, de entretenimento e diversión, asi que o xurado estará formado por 1 representante de cada unha das formacións politicas que se atopa gobernando no concello. A vicepresidenta de Cabanas Rural fará de cicerone dos membros do xurado,  nunha xornada creada con ánimo de convivencia, colaboración e moitas ganas de pasalo ben.
Despois que xurado teña rematado coa valoración dos pratos presentados a concurso, os que nos acompañen poderán degustar e comprobar a gran calidade dos postres que ano tras ano concursan no LARPEIRADAS de Cabanas Rural. 
A partir das 19:00 da tarde farase entrega dos premios aos responsables dos pratos agraciados.

domingo, 1 de febrero de 2015

Larpeiradas 2015

CABANAS RURAL, asociación de Mulleres organiza para o vindeiro SÁBADO 21 de Febreiro por séptimo ano consecutivo este goloso concurso.
 
Organizamos a séptima edición do concurso de postres LARPEIRADAS, no pavillón de Lavandeira, Cabanas. As bases son similares ás das edicións anteriores.
As persoas que desexen inscribirse no VII LARPEIRADAS, poderano facer a través do tfno 659.620.948 en horário de 11,30 a 14,00 e de 16,30 a 20:00 horas ou ben a través do correo electrónico cabanasrural@gmail.com.
A recepción dos postres farase a partir das 16:00 horas da tarde e ate as 17:00 horas, o SABADO 21 de Febreiro, dentro do pavillón; unha vez to rexistro se de por pechado, os membros do xurado procederán a facer a súa labor valorando a presentación, a orixinalidade e o sabor de cada un dos pratos presentados a concurso.

domingo, 18 de enero de 2015

Peche I Xornadas de Fiado


I XORNADAS DE FIADO, CABANAS RURAL.

Pechamos as primeiras xornadas de fiado contentas e satisfeitas. Tivemos un total de 38 inscripcións para participar nestas primeiras xornadas, aprender a fiar lá como sempre o fixeron as avoas, escarpizar, cardar e finalmente fiar, toda unha arte milenaria.
O poder utilizar a colección dos fusos do mundo e diferentes máquinas de fiar, permitenos adecuarnos as máns de cada alumno facendo que lles resulte mais fácil familiarizarse co mundo do fiado.
O noso agradecemento a DO ACIBREIRO pola sua inestimable colaboración e axuda, prestándonos todos os utensilios, cardas, fusos, maquinas de fiar, tambores de cardado e escarpizadores, ademais dos seus saberes.
As nosas grazas a todolos que nos axudaron a transmitir e comunicar as nosas I XORNADAS DE FIADO.
Un verdadeiro pracer contar con tantos y tan bós aprencides a nosa beira, toda unha honra para as fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres poder enseñar e amosar os nosos coñecementos de fiado.
Esperando que fose unha grande e agradable experiencia para os participantes, que aprendesen e disfrutasen tanto ou mais cas fiandeiras;
REPETIREMOS TAN AGRADABLE EXPERIENCIA.

sábado, 10 de enero de 2015

I XORNADAS DE FIADO



16-17 e 18 de Xaneiro. I Xornadas de fiado, a vindeira fin de semana realizaremos unhas xornadas de fiado en Lavandeira, Cabanas, A Coruña.

Dende Cabanas Rural, en colaboración con DO ACIBREIRO, única marca rexistrada en España, que elabora productos para o fiado e que ademais é de Cabanas; organizamos unha fin de semana de fiado. 

Teremos a sorte de poder utilizar os utensilios que DOACIBREIRO elabora para poder desempeñar o proceso do fiado completo. Todos os que participen nas xornadas poderán utilizar a colección de fusos do mundo, a esarmenadora, cardadora de tambor, as maquinas de fiar dun pedal ou de dous pedais, asi coma as de torsión fixa ou torxión variable.


 Unha grande oportutnidade para aprender, coñecer ou descubrir un mundo apasionante dunha arte milenaria que é a do fiado.


As xornadas do fiado darán comenzó o venres 16 de xaneiro e durarán toda a fin de semana, os participantes poderán utilizar fusos, rocas, máquinas de fiar, cardas, cardadora, esacarpizadora… sempre guiados polas fiandeiras de Cabanas Rural e Doacibreiro.com.


As xornadas son abertas a todolos que queiran participar, non é necesario ter coñecementos previos de fiado, xa que amosaremos e explicaremos todo o proeceso polo miudo.


O custe de participación será de 10 euros para os non socios e totalmente gratutito para os soci@s.


 Os materiais que usaremos son doacibreiro.com e de Cabanas Rural, ainda que se alguén dispón dos seus propios tamén os pode traer, sobre todo aqueles que están pola casa e ningúen sabe como funcionan, eses tamén seremos capaces de polos a funcionar.


Rogamos a todolos interesados se inscriban antes do xoves 15, as xornadas celebraranse dentro da aula de Lavandeira, ao lado do Pavillón, sendo o aforo limitado, aqueles que estén interesados pedimos nolo comuniquedes o antes posible ao seguinte teléfono 659620948 ou ben a través do correo electrónico: cabanasrural@gmail.com