domingo, 2 de febrero de 2014

Larpeiradas 2014



O LARPEIRADAS chega a súa sexta edición, cargado de agasallos para os nenos que decidan acompañarnos disfrazados, con postres aptos para diabéticos, con unha piñata ben cargadiña de regalos e a compañia de Fanki e Tranki.

CABANAS RURAL, asociación de Mulleres organiza para o vindeiro domingo 16 de Febreiro por sexto ano consecutivo este goloso concurso.
Organizamos a sexta edición do concurso de postres LARPEIRADAS, no pavillón de Lavandeira, Cabanas. As bases son similares ás das edicións anteriores.

As persoas que desexen inscribirse no VI LARPEIRADAS, poderano facer a través do tfno 659.620.948 en horário de 11,30 a 14,00 e de 16,30 a 20:00 horas ou ben a través do correo electrónico cabanasrural@gmail.com.

A recepción dos postres farase a partir das 16:00 horas da tarde e ate as 17:00 horas, o Domingo 16 de Febreiro, dentro do pavillón; unha vez to rexistro se de por pechado, os membros do xurado procederán a facer a súa labor valorando a presentación, a orixinalidade e o sabor de cada un dos pratos presentados a concurso.

É condición indispensable, que os postres se presenten aptos para o seu consumo e para que poidan ser degustados polos presentes no certame do larpeiradas.

  • Descripción dos premios (3 en total)
    • Premio ao SABOR
    • Premio á PRESENTACION
    • Premio á ORIXINALIDADE
  A partir das 18:30 da tarde todos os presentes poderán probar os postres, sempre e cando o xurado teña acabado de valorar os premios: SABOR, PRESENTACIÓN E ORIXINALIDADE.

A partires das 19:00 horas farase entrega dos premios aos galardonados.

Na edición deste ano todos os nenos que decidan acompañarnos na tarde do vindeiro domingo 16 de Febreiro, e o fagan disfrazados levarán um agasallo
O xurado estará formado por 5 persoas: 
- Un representante de Cabanas Rural.
- Un representante do Concello de Cabanas: Esperanza Gayoso, Concelleira de Cultura e deportes.
- Unha persoa dunha das panaderias da zona: Panaderia Ramón de Sillobre.
- Unha nutricionista: Silvia Caramés.
- Unha persoa elexida ao azar de entre o público.

Haberá unha sección de postres, fora de concurso, que prepararemos dendê a organización , seguindo as instruccións e pautas da nutricionista Silvia Carames, para aquelas persoas que teñan certos problemas côa glucosa e azucares, dietas com baixo indice glucemico,  diferentes opcións que podemos ter para degustar un bocado doce orellas, rosquillas, freixós... postres típicos do entroido e non tan típicos, diferentes sabores ou texturas.

A animación do LARPEIRADAS 2014, apta para adultos e nenos, ven da mán de Fanki e Tranki:

 "Duas tolas se xuntaron
Vaia unha que argallaron
Disque hai outra dimension 
Que nos  pasa polo lado..."

"SIN COLORANTES NIN FARRAPOS DE JAITAS"
Todo isto aderezado cun cesto de piñata que conten 500 cintas, todas elas con algún agasallo.

Agardamos que o vindeiro Domingo 16 de Febreiro, o Larpeiradas, sexa un ano mais todo un éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario