jueves, 21 de junio de 2012

TARDE SOLIDARIA CON AFAL FERROLTERRA... E VAN 3



O sábado 16 de xuño celebramos a terceira tarde solidaria con AFAL Ferrolterra. Moita xente nos acompañou dende o inicio da xornada, invitados especiais os usuarios de AFAL e de GERIATROS. Contamos coa presencia de moitos colaboradores: Airños do Frade, de San Martiño do Porto, que tocaron e bailaron non só eles senón que tamén fixeron bailar a moitos dos asistentes. Os talleres de Patchwork de Cabanas e tamén os de bolillos e bordado de Lavandeira. Innumerables doacións de regalos para o sorteo, non quero destacar ningún porque todos son importantes e ben recibidos pola organización e sobre todo polas persoas que compran as rifas para participar no sorteo. Arrancamos sobre as 5 e media da tarde cun pouco de retraso sobre o horario previsto coa actuación da Tuna de Santiago de Compostela, actuación moi celebrada por tódolos asistentes.














Despois da actuación da Tuna chegamos ao momento central da tarde, arredor do cal se organiza todo o demais. PINTAMOS UN CUADRO, colaboramos o taller de manualidades de Lavandeira e o taller de manualidades de AFAL, da man da nosa monitora e impulsora da actividade, María Porto.







TODAS AS FOTOS DENDE OS PREPARATIVOS HASTA O FINAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario