martes, 12 de junio de 2012

FÚTBOL SOLIDARIO

O sábado día 9 de xuño celebrouse no campo de A Veiga en Cabanas un partido solidario entre os equipos de modestos do Xuventude de Cabanas e o Capela C.F.a favor dos Servicios Sociais dos concellos de A Capela e Cabanas. Agradecer a asistencia do público, que non foi moi numeroso pero que participou de maneira admirable comprando rifas para o sorteo da cesta e dos lotes de botellas de viño. E destacar a colaboración dos rapaces integrantes dos equipos, que participaron desinteresadamente neste partido de fútbol solidario, un sábado pola tarde, deixando de lado os seus asuntos e actividades de lecer por unha boa causa. BOA XENTE. GRAZAS A TODOS!!!! En breves coloco algunha fotiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario